viernes, 4 de junio de 2010

O vindeiro 25 de Xuño celebramos a Noite Irmandiña 2010. Este ano ampliamos e internacionalizamos o cartaz, coa Funky Style Brass que chega dende Franza e os Melech Mechaya que o fan dende Portugal, sen esquecernos da Galiza coa Banda Potemkin mais os Xitumá Batuke.

Outra das novidades e que contaremos cun posto de comida. O que non mudará, e xa van 3 anos, será o servizo de TRACTOTASCA, para que poidades “hidratarvos” mentras brincades polo povo coa compañia da Funky Style Brass , grandes trinfadores do Reperkusión 2009.

Lembrade que este festival é totalmente DE BALDE, e financiase CASE EN EXCLUSIVIDADE DA BARRA DO BAR. Axudadenos NON FACENDO BOTELLÓN e, se vos apetece, mercando a fantastica camisola deseño exclusivo de Lobisome.

No hay comentarios:

Publicar un comentario